cartas de amor

O NOSO ESPAZO

martes, 24 de febrero de 2015

24 F ... LEMBRAMOS A ROSALÍA!!!


Hoxe é o día 24 de febreiro ... O DÍA DE ROSALÍA!!! Os pequenos/as do cole recitáronnos o poema "Adiós ríos adiós fontes" ... e durante toda a mañá ... e parte da tarde estivemos moi ocupados gravando as nosas voces nunha pequena homenaxe que estamos preparando para Rosalía e que leva por título: EU SON ROSALÍA!!!!

Xa para rematar o día, catro dos nosos alumnos e as súas familias ... acudiron ao MOME para participar nun recital poético organizado polo Concello no que nenos/as de todos os coles e institutos da zona lembraron a Rosalía!!!





 .... E MIRADE ... ATA GOOGLE SE LEMBROU DE ROSALÍA!!!!

178º aniversario del nacimiento de Rosalía de Castro

lunes, 9 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Aínda que xa levamos dende principios de curso traballando nos proxectos "Ilumínate coa lectura" e "Dálle enerxía á túa lingua", quixemos facer durante o mes de xaneiro unha PRESENTACIÓN OFICIAL, para iso reunímonos na biblioteca do cole e falamos de todo o que imos facer en relacion ao proxecto!!!




E AQUÍ DEIXAMOS UNHAS PÁXINAS DE INTERESE SOBRE O TEMA QUE SERÁN MOI ÚTIL PARA FACER INVESTIGACIÓNS!!!

SOBRE OS TIPOS DE ENERXÍAS

https://luisamariaarias.wordpress.com/category/0-1-conecemento-do-medio/0-4-energia/4-2-fuentes-de-energia/

http://www.ambientech.org/spa

http://centros3.pntic.mec.es/cp.antonio.de.ulloa/webactivhotpot/raiz/Hot%20Pot/cono6/energia/energia1.htm

SAÍDA AO CINE

3-2-1 ACCIÓN!!!!


QUE SORTE TEÑEN OS NENOS/AS DO COLE!!! ESTE MES FORON AO CINE DE A ESTRADA PARA VER UNHA PELÍCULA!!!!









MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa temos viaxando polas vosas casas as mochilas viaxieiras. Como outro ano máis, Miroleo escolleu con moito agarimo os libros que ides levar.
Fixemos un sorteo entre todos/as para saber quenes ian ser os primeiros en levalas.
Como novidade deste ano, Miroleo quere saber onde e con quen ledes os libros, por iso levades na mochila un sobre para que , de maneira voluntaria, saquedes fotos lendo. Con todas elas faremos un mural!!!







lunes, 2 de febrero de 2015

PAZ 2015

UN NOVO MES DE XANEIRO E UNHA NOVA OPORTUNIDADE PARA LEMBRAR A IMPORTANCIA DA PAZ NO MUNDO E UN BO MOMENTO PARA CONCIENCIARSE DE QUE CADA UN DE NÓS PODE FACER ALGO PARA CONSEGUILA.

ELABORAMOS MENSAXES DE PAZ E DE LUZ QUE COLGAMOS NUNHA BOMBILLA XIGANTE NA ENTRADA DO COLE ... E DECORAMOS O RESTO DA ENTRADA CON BOMBILLAS MÁIS PEQUENAS.




DESPOIS CANTAMOS DÚAS CANCIÓNS "LLUVIA DE AMOR" E "LIGHT A CANDLE FOR PEACE " (UNHA PARTE EN INGLÉS E OUTRA EN GALEGO) E COMO DI ESTA ÚLTIMA CANCIÓN, NÓS TAMEN ACENDEMOS UNHA LUZ POLA PAZ E CADA UN TROUXO UNHA LANTERNA PARA CANTAR ESTA CANCIÓN E LEMBRAR QUE SON OS PEQUENOS XESTOS DO DÍA A DÍA OS QUE CREAN A PAZ!!!












QUE BOA NOVA!!


Recibimos no centro unha doación de libros de parte de XOSÉ NEIRA VILAS ... con moito agarimo terémolos na nosa Biblioteca a disposición de todos /as os nosos rapaces e rapazas!!! E tan grande regalo merece un agradecemento!!! Así que dende aquí, as nosas GRAZAS por todas esas historias que nos fan chegar a través destes magníficos contos ...








E .... shhhhhhh ... me gardades un secreto? Contoume un paxariño que os nenos/as de Infantil andan escribindo unha carta para XOSÉ NEIRA VILAS para agradecerlle o regalo!!!! Se me entero de máis xa vos irei contando!!!!!





PROXECTO: A ÁRBORE QUE POETIZA (POESÍA EN EDUCACIÓN INFANTIL)

Os nenos /as de Infantil están levando a cabo un fermoso proxecto titulado " A árbore que poetiza", onde traballan a poesía de poetas e poetisas galegos. Tamén teñen unha caixa ... "a caixa das palabras descoñecidas", e nela gardan todas as palabras que van aparecendo nos poemas que son novas para eles e así, amplían o seu vocabulario. Ademais en cada aula hai unha árbore da poesía, chea de versos e poetas/poetisas. E por se isto fóra pouco, tamén teñen unha caixa dos bicos, onde se gardan bicos tan xeitosos como un bico de mel, ou un bico de chocolate ...

Pero mellor que o conten eles/elas mesmos, non vos parece?







Tivemos a visita de Xosé Luna e Rosalía Morlán, que lles ensinaron a facer moita poesía!!!











... E asinaron no noso libro de visitas da Biblioteca das palabras máxicas



E ti, anímaste a ser un poeta?