cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 27 de noviembre de 2014

CAIXA DA LUZ

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DA PROFE MARIELA XA TEÑEN NA SÚA AULA A CAIXA DE LUZ!!!!!!

É moi divertida porque pechan as persianas  e acenden unha caixa que lles permite desenvolver a súa creatividade, traballar a lóxica-matemática e a lectoescritura.

Teñen unha grande variedade de materiais como plumas, pedras de cores, números e letras de xel, cordóns, vasiños, globos, papeis transparentes, palliñas  e moitos máis.

Con ela fan seriacións, clasificacións, correspondencias,  traballan os números, as letras, compoñen palabras, e fan as súas propias creacións artísticas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario