cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 27 de noviembre de 2014

CAIXA DA LUZ

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DA PROFE MARIELA XA TEÑEN NA SÚA AULA A CAIXA DE LUZ!!!!!!

É moi divertida porque pechan as persianas  e acenden unha caixa que lles permite desenvolver a súa creatividade, traballar a lóxica-matemática e a lectoescritura.

Teñen unha grande variedade de materiais como plumas, pedras de cores, números e letras de xel, cordóns, vasiños, globos, papeis transparentes, palliñas  e moitos máis.

Con ela fan seriacións, clasificacións, correspondencias,  traballan os números, as letras, compoñen palabras, e fan as súas propias creacións artísticas.







jueves, 20 de noviembre de 2014

SAÍDA Á CORUÑA

NO MES DE NOVEMBRO, O MES DA CIENCIA EN GALEGO ... FOMOS DE EXCURSIÓN Á CIDADE DE A CORUÑA PARA VISITAR A CASA DAS CIENCIAS, VER A TORRE DE HÉRCULES E VISITAR TAMÉN O ACUARIO!!!

AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS !!!!





A CORUÑA

martes, 18 de noviembre de 2014

NOVIDADES LECTORAS PARA NOVEMBRO

AQUÍ TEDES OS NOVOS TÍTULOS QUE ACABAN DE CHEGAR Á NOSA BIBLIOTECA.
DÉIXATE ILUMINAR CON NOVAS AVENTURAS E MISTERIOS. VEÑA, A QUE ESTÁS AGARDANDO? A POR ELES!!!!




martes, 11 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove durante todo novembro unha completa programación de actividades de divulgación científica en galego para convidar a cidadanía a festexar o Mes da Ciencia en Galego. Con motivo desta celebración, a Consellería tamén difundirá a través da rede o texto que o científico Ángel Carracedo creou para a ocasión.

A asesoría de Bibliotecas escolares ven de facer unha recompilación de material con

Dende a Biblioteca das palabras máxicas achegaremos o noso gran de area a este mes a través das seguintes actividades:

* EXPOSICIÓN DE FONDO BIBLIOGRÁFICO RELACIONADO COA CIENCIA

* VISITA AO MUSEO DAS CIENCIAS E ACUARIO EN A CORUÑA

* INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA SOBRE TEMAS DE CIENCIAS