cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 30 de octubre de 2014

MAGOSTO 2014

Onte celebramos o Magosto e, como cada ano, gozamos en familia dunha tarde divertida. Tivemos unha exposición de manualidades feitas  por cada familia con produtos do outono,  Fixemos xogos populares onde tamén participaron as familias  e antigos alumnos/as do cole. Despois tivo lugar o tradicional asado de castañas que este ano estivo amenizado polo grupo de música de A REQUINTA DA LAXEIRA.


FOI TODA UNHA FESTA!!!!

103_0214


103_0222

103_0265

103_0271

103_0291

viernes, 24 de octubre de 2014

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa nos atopamos QUENTANDO MOTORES na nosa biblioteca e botando a andar, un ano máis, con moita ilusión un proxecto novo " ILUMÍNATE COA LECTURA" que xira en torno á luz e á enerxía por ser o ano 2015 o "ano internacional da luz e das tecnoloxías baseadas na luz".

Pouco a pouco imos "iluminando" a entrada da nosa biblioteca e hoxe, 24 de outubro, fixemos un acto de inauguración onde cada curso fixo a súa achega persoal.

Aquí podedes ver fotos de todo!!!!





24 DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES






















viernes, 17 de octubre de 2014

TÍTERES NO TEATRO PRINCIPAL (A ESTRADA)

UN GRUPO DO NOSO ALUMNADO GOZOU COA FUNCIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES GALICREQUES NO TEATRO PRINCIPAL