cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 30 de octubre de 2013

MAGOSTO 2013


O día 30 pola tarde celebramos o MAGOSTO. Todos tivemos a oportunidade de degustar unhas ricas castañas e de mirar a exposición das manualidades dos froitos de outono. Coma sempre ... un éxito!!

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!!













XOGOS POPULARES











DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS





PRESENTACIÓN DO PROXECTO

HOXE PRESENTAMOS A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO OS PROXECTOS QUE DESENVOLVEREMOS AO LONGO DO CURSO "CULTÍVATE CO GALEGO" (EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA) E "CULTÍVATE COA LECTURA". (BIBLIOTECA)

A coordinadora de Normalización elaborou un fermoso Powerpoint co que nos presentou a Agricultura no mundo e tamén a agricultura en Galicia (tanto en épocas anteriores como actualmente, falándonos ademais da agricultura ecolóxica). Despois coñecimos as diferentes actividades que se van realizar nos ciclos.


Presentación ano internacional da agricultura familiar from MIROLEO

*As imaxes utilizadas nesta presentación están todas sacadas de Internet, se algún dos autores/as quere que as retiremos, poñédevos en contacto con nós. Grazas. 




domingo, 27 de octubre de 2013

LECTURAS TERRORÍFICAS

Mirade todos os libros que atopou MIROLEO na biblioteca. Hai de todos: bruxas, vampiros ...
Botade unha ollada e o descubriredes!!!!!!!!!



martes, 22 de octubre de 2013

RECEITAS TERRORÍFICAS (ESPECIAL HALLOWEEN)

Buscando  receitas sorprendentes e terroríficas? Aquí podes atopar ideas


- Ovos cocidos
- Olivas
- Atún
- " Ketchup"
- 2 culleradas de tomate frito
- 2 culleradas de maionesa

- Pan de hamburguesa
- Lonchas de xamón cocido
- Lonchas de queixo
- Leituga
- "Ketchup"
- Tomate
- Queixo tipo mozarella e alcaparras (para formar os ollos)


- Albóndigas
- Cenoria (para as patas)
  - Maionesa ou "ketchup" para os ollos
- Leituga para acompañar


Neste enlace podedes atopar máis receitas!!!!!!!!
BO PROVEITO!!!!!!!!




viernes, 18 de octubre de 2013

BIBLIOENIGMA1: AS CABAZAS






Halloween é unha festa que se orixinou na cultura celta e que celebra todas as noites do día 31 de Outubro.

Nalgúns países os nenos se disfrazan esa noite e pasen polas rúas pedindo doces de porta en porta.

Tamén adoitan decorar cabazas facéndolle ollos e boca e colócanlle dentro candeas.

En Galicia esta festa é coñecida como Samaín e xa era tradición antigamente o uso das cabazas. Unha das fontes de alimentación de Galicia é a pataca, antes de que chegara desde América, comíanse castañas. Antes de que os romanos trouxeran as castañas era ... A CABAZA!!!!

Así, vemos que a cabaza tamén pode formar parte da mesa. Ademáis de ser moi saborosa, a cabaza, achega nutrientes ao noso corpo. É rico en fibra, é unha gran fonte de potasio, fósforo e calcio. Tamén ten un elevado contido en betacaroteno.

É posible preparar con ela tartas, sopas e moitos pratos máis. O seu sabor doce combina moi ben coa canela, o clavo e o xenxibre.

Outras fontes de información:

http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=196

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/osamain.pdf

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/historia.html









E AQUÍ TEDES  UNS XOGOS SOBRE O SAMAÍN PARA POÑER A PROBA TODO O QUE SABEDES DESTA CELEBRACIÓN

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html

http://chiscos.net/f1/samain/samain.html (PARA OS MÁIS PEQUENOS)

https://dl.dropboxusercontent.com/u/31356478/Sama%C3%ADn%202/o_samain.html









SAÍDA AOS TÍTERES

0S NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E OS DE 1º CURSO DE PRIMARIA, SAÍRON A UNHA VISITA DIDÁCTICA Á ESTRADA, PARA ASISTIR A UNHA OBRA DE TÍTERES TITULADA "EL PATITO FEO DE BOMBALINO Y CUCHUFLETA".

 GUSTOULLES MOITO!!!!
















 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2013/10/01/estrada-acogera-mes-seis-funciones-titeres-festival-galicreques/0003_201310D1C119930.htm




PARTICIPAMOS EN FERTIBERIA

O alumnado de 2º ciclo participou no concurso nacional de pintura organizado por FERTIBERIA. Cada un elaborou as súa creación de paisaxe rural e este foi o resultado!!!!
 SODES UNS ARTISTAS!!!
NORABOA!!!!


martes, 8 de octubre de 2013

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES DE OUTONO




 


Chega o outono. Tempo de cabazas, castañas, millo, landras... e outros moitos froitos típicos desta época do ano.
Este curso académico decidimos facer unha ampla exposición de manualidades feitas con estes froitos. Pedimos a colaboración das familias para que axudedes aos vosos fill@s a elaboralas e a crealas. Aquí podedes ver algúns exemplos, podedes mesturar varios froitos!




E aquí tedes unha foto dalgunhas das manualidades que se fixeron na exposición do cole no curso 2010-2011

As creacións poderanse ir traendo ao cole a partir do luns día 21 de outubro para ir poñendo na exposición.


NOTA: Ademáis, os nenos e nenas poderán traer as castañas para o Magosto a partir do luns día 28 de outubro (cun anaquiño xa cortado)


lunes, 7 de octubre de 2013

EXHIBICIÓN DE BALONCESTO




HOXE TIVEMOS UNHA EXHIBICIÓN DE BALONCESTO E TIVEMOS TAMÉN A OPORTUNIDADE DE PRACTICAR UN POUCO ESTE DIVERTIDO DEPORTE!!!!! ... E A VERDADE É QUE NON SE NOS DÁ NADA MAL!!!

domingo, 6 de octubre de 2013

QUERES COÑECER O ORINOCO?

Todos os sábados a partir do 12 de outubro arranca ‘Aventura no Gaiás’, onde pais e fillos descubrirán a cultura do Amazonas a través de xogos e probas de coñecemento e habilidade. O Museo Centro Gaiás acollerá o 8 e 29 de novembro o campamento ‘Unha noite no Orinoco’ e en decembro ‘Orinoco en danza’ da man do Centro Coreográfico Galego O Gaiás tamén pon en marcha visitas didácticas para escolares e un ciclo de conferencias que arranca o 22 de outubro co etnógrafa francesa Marie-Claude Mattéi-Müller 



 PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
 http://www.edu.xunta.es/web/node/10710