cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 12 de septiembre de 2012

3,2,1 !!!

Hoxe comezamos un novo curso. Que cargados viñamos todos!!! Menos mal que xa deixamos todo o material que vamos necesitar!!!

Pola mañá estivemos coas nosas titoras, despois baixamos ao recreo e para rematar o día ... SORPRESA!! Un concerto ofrecido pola BANDA DE MÚSICA DE BANDEIRA ... isto si que se pode dicir que é comezar con moi bo ritmo!!! Ademais se escoitar todos os instrumentos, tamén tivemos a posibilidade de tocar algúns deles!!!

























E AGORA A PISTA PARA O PROXECTO. A RESPOSTA ESTÁ NESTA ADIVIÑA:

                                                       " Nin a podes ver
                                                         nin vives sen ela"

Que cousa  cousiña será que non a podes ver e que a necesitas para vivir??? Algunha idea?

martes, 11 de septiembre de 2012

VOLTA AO COLE ...

Xa tedes todo preparado? Porque mañá 12 de setembro, ás 9.00h vémonos novamente xa que comezamos un curso novo cargado de sorpresas, entre elas que agora somos un colexio PRURILINGÜE ... así que todo o mundo a usar todas as linguas que coñecemos, que como xa sabemos, cada unha dela é unha riqueza única.
E tamén neste curso, comezamos un proxecto novo. Algunha idea sobre o tema? Dentro de pouco teredes unha pista aquí no blog, estade moi atentos!!!

Miroleo está ansioso por vervos novamente na súa biblioteca, non vos esquezades de visitalo!!!

BO COMEZO DE CURSO!!!!