cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 27 de enero de 2011

TODO COMEZOU ... CUN SORRISO!!

 Unha frase :"A PAZ COMEZA CUN SORRISO"
e un conto...

CADEA DE SORRISOS

A profesora aquel día propuxera un novo reto ao seus alumnos: a ledicia, e non fixera  en plan desafío de récord. Nomeounos "RECADADORES DE LEDICIA", para ver que sel les ocurría con tal de provocar a ledicia dos que lles rodeaban. E, ainda que  todos fixeron cousas realmente encantadoras, aquela vez Carla Simpatías deixou a todos coa boca aberta.
Algúns días despois do encargo da profesora, Carla apareceu cargando un grande saco.
- Aquí traio toda a ledicia que recadei nestes días -dixo sonrindo.
Todos estaban expectantes, pero a nena non quixo mostrar o contido do saco. En vez diso, sacou unha pequena caixa, tomou unha cámara de fotos instantánea e  e entregou a caixa á maestra.
- Ábrea, profesora.
A profesora abriu a caixa despacio e mirou no seu interior, e un grande sonriso dibuxouse no seu rostro; nese momento, Carla  fixo una fotografía. Despois entregoulle a foto e un papel.
A maestra leu o papel en silencio, e cando rematou, sinalou con xesto de sorpresa o grande saco.
-Así que iso é...
- Si! -interrumpiu a nena, desfacendo o nó que pechaba o saco- un grande montón de sonrisos!
E do saco caeron centos de fotos, todas elas de variadas e bonitos sonrisos.
O resto da clase adicárono a explicar como a Carla se lle ocurrira iniciar unha cadea para alegrar un pouquiño ás persoas: na caixa sólo había unha foto cunh grande sonriso, e todos, ao abrila, sentían a ledicia que transmitía e respondían á sua vez cunh sonriso, case sen querer. Carla sacáballes unha foto co seu propio sonriso, e entregáballes un papeliño onde lles pedía que fixeran o mesmo con outras persoas, e enviaran unha copia das fotografías ao enderezo da súa casa.
E durante aqueles días e meses, o buzón de Carla non deixou de encherse das fotos dos sonrisos de tanta xente agradecida, axudando a todos a comprender que o simple feito de sorrír xa é un agasallo para todo o mundo.
                                                  (recollido de http://www.cuentosparadormir.com/)
Aquí podedes ver ao alumnado de Primeiro Ciclo a punto de ver a caixa de Carla Simpatías ... caras de sorpresa e expectación ao principio para convertirse ao final ... NUN SORRISO!!! Podedes ver o antes e o despois de abrir a caixa.



















Pero aquí non acaba todo,durante a semana da paz os nenos e nenas baixaron á biblioteca para fotografarse sorrindo e así construir entre todos a nosa propia CADEA DE SORRISOS, ademais traian unha frase do que significaba para eles sorrir ... Por agora non vos podo contar máis porque .... SHHHHH ... é un segredo ... mañá vinde á BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS e descubriredes máis .... MOITAS PALABRAS SORRINTES ESTANVOS AGARDANDO.

Queredes un adianto? Pois ide aclarando as gorxas que mañá cantaremosNA BIBLIOTECA esa canción que practicamos na clase de Música.



domingo, 23 de enero de 2011

Miroleo felicita aos gañadores!

Recentemente o alumnado do noso colexio ven de participar no concurso de Fundación Granell e non puideron quedar mellor clasificados, xa que conseguiron o primeiro premio. Noraboa artistas!!!!
Podedes seguir este enlace de La voz de Galicia para saber máis sobre esta noticia:




http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/12/24/0003_8928245.htm?ok=1#

viernes, 21 de enero de 2011

OS REGALOS DOS REIS MAGOS NA BIBLIOTECA




  Os Reis Magos de Oriente tamén pasaron pola biblioteca de Miroleo e lembráronse de todos os nenos e nenas do cole. Mirade os libros que nos deixaron... xa están dispoñibles na biblioteca para consulta e empréstito. Animádevos e vinde a velos,pódelos atopar na sección de NOVIDADES:
INFANTIL





PRIMEIRO CICLO

SEGUNDO CICLO


TERCEIRO CICLO


EDUCACIÓN FÍSICA
MÚSICA