cartas de amor

O NOSO ESPAZO

domingo, 7 de abril de 2024

PARTICIPAMOS NA PRESENTACIÓN DO LIBRO "NO BICO DO VENTO" DA ESCRITORA CHARO GOLMAR

O pasado xoves, dúas alumnas do centro, Silvia e Iria, acudiron á presentación do libro da escritora lalinense Charo Golmar, titulado No bico do vento. Xunto con alumnos e alumnas doutros colexios da Estrada, recitaron algún dos poemas recollidos neste novo libro da poetisa. 

A través destas actividades, participamos activamente e de xeito directo, na vida cultural do noso concello. 


VISITA Ó PAZO DE OCA

Para concluír o segundo trimestre realizamos unha saída ó Pazo de Oca. Aproveitando o bo tempo, fixemos unha andaina ata o pazo, para visitar tanto o edificio, como os seus impresionantes xardíns. 

Para rematar a visitar, os nenos e nenas participaron nun divertido xogo que consistía na pescuda de ovos de Pascua.

A continuación, amosamos algunhas das fotografías desta entretida xornada. 

 


                                                     
 

                                           











miércoles, 3 de abril de 2024

LET'S GO SHOPPING!

Os alumnos e alumnas de sexto puxeron en práctica, a través destes role playing, todo o aprendido en inglés durante a unidade Let's go shopping. 

Animámosvos a ver estas divertidas representacións!









miércoles, 20 de marzo de 2024

RECIBIMOS A VISITA DE SUSA HERRERA

Durante a xornada de hoxe recibimos a visita de Susa Herrena. Esta recoñecida autora visitou o noso centro co propósito de presentarnos a súa obra En Cabárceno rugidos y canciones.  A través das cancións recollidas neste libro, das que todo o alumnado participou, bailando e cantando, fixo un percorrido polos diferentes sons e fauna dos cinco continentes.

Encantounos a visita!


ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

O pasado venres entregamos os diplomas aos gañadores do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas organizado por Dinamizaestrada. Estes textos serán recollidos nuns exemplares que pronto sairán á luz!

Dende a biblioteca queremos dar a noraboa a todos os participantes!

miércoles, 13 de marzo de 2024

8 M: Día Internacional da Muller

O pasado 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller. Para celebrar dita conmemoración, os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria, fixeron varias exposicións nas que presentaron a mulleres referentes en distintos ámbitos como Isabel Zendal, Concepción Arenal, Margarita Salas ou Rita Levi, entre outras. 

A partir destas presentacións todo o alumnado puido coñecer os logros destas grandes profesionais. 




 A maiores e durante todo o mes de marzo, no recuncho de Miroleo Recomenda, atoparedes exemplares con biografías de mulleres que cambiaron a historia. Achegádevos a lelos!

jueves, 29 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA

Como ben sabedes, o pasado venres,  23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar dita celebración, dende o centro,  realizáronse varias actividades.

Por unha parte, dous alumnos de quinto, Saleta e Mario, acudiron ao Teatro da Estrada para participar no recitado de poemas de Rosalía, xunto con estudantes doutros centros do concello. O poema elixido polo noso alumnado, nesta ocasión,  foi Campanas de Bastabales.


Ademais, durante o acto presentouse o vídeo Un pelouro que roda. Videoclip gravado e musicado por A Banda da Loba, do que o noso alumnado tamén é protagonista. Animámosvos a velo!


Seguindo con actividades adicadas a esta conmemoración. Durante a xornada de onte, os alumnos e alumnas de cuarto fixeron unha presentación sobre a escritora, achegando datos sobre a vida e obra desta importatísima poetisa.



Finalmente e para concluír, aproveitamos a xuntanza para repartir as mochilas viaxeiras, cargadas de xogos e lecturas, para que tanto nenos como familias, desfruten da lectura dende os fogares.